ConcellosQuirogaÚltima hora

Cabalgata de Reis solidaria en Quiroga

 

Tras as tardes de inchábeis, na tarde deste xoves 5 de xaneiro tocaba a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente a quiroga cun marcado punto solidario, coas visitas ao poboado do Toucedo, o Centro de Día da Ribeira, a casa consistorial e a Residencia da Terceira Idade para facerlle entrega de agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio e aos que por mor da guerra de Ucraína tiveron que acollerse en Quiroga.

 

 

E xa ás sete e media da tarde comezaba o desfile da comitiva ao longo da rúa Real dende a Casa da Cultura ata o Auditorio Municipal, onde os nenos terán tempo de falar con eles. Non faltou unha bolsa con caramelos para os nenos, repartidos polos paxes, que unha vez máis en colaboración coa asociación de Celíacos de Galicia eran sen glute.

Para rematar, unha boa chocolate con churros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button