ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

Cabalgata itinerante dos Reis Magos polas aldeas trivesas e pola vila

o rematar, Protección Civil de acompañaba ás súas maxestades de Oriente a levar un chocolate quentiño con roscón aos médicos do Centro de Saúde de Trives

 

As diferentes aldeas do municipio de Trives e tamén a vila recibían na tarde deste 5 de xaneiro unha visita máxica e moi especial: a de Melchor, Gaspar e Baltasar. A comitiva dos Reis Magos, encabezada por Protección Civil,  partía ás 15,30h de Trives. As súas maxestades viaxaba, acompañadas dos seus paxes, nun vehículo antigo descapotable e facían un longo itinerario para visitar as diferentes localidades onde hai nenos: Barrio, Sas, Santa María, A Pena Folenche, San Mamede, Pareisás, Cova, Penapetada, Anagaza, Somoza, A Encomenda, Sobrado, Mendoia, San Fiz, Vilanova, Carballal, San Lourenzo, Mormenta, Castro e Cotarós.

Esta cabalgata itinerante íase contando en tempo real a través das redes sociais do Concello de Trives, con fotos e descricións correspondentes e cada unha das aldeas, co fin de facer partícipes ao conxunto dos veciños deste traxecto dos Reis Magos.

 

Un dos post do Concello de Trives onde se ía relatando en tempo real o percorrido que realizaba a cabalgata.

 

Finalmente, a cabalgata volvía á vila, facendo un percorrido polas súas rúas. Ao rematar, Protección Civil de acompañaba ás súas maxestades de Oriente a levar un chocolate quentiño con roscón aos médicos do Centro de Saúde de Trives en agradecemento polo seu labor e para que sigan a coidando dos veciños.

Dende o Concello de Trives vén de manifestarse o seu agradecemento a todos os voluntarios que fixeron posible este “día tan especial”.

Fotos e vídeo cedidos polo Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button