PolíticaÚltima hora

Caballero: “Queremos na Xunta un goberno que traballe para que ninguén quede atrás”

O candidato socialista á presidencia da Xunta visitaba esta tarde O Carballiño

 

Ata O Carballiño trasladábase esta tarde o candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero para manter un encontro co seu alcalde, Francisco Fumega. Caballero puxo en valor o traballo levado adiante polo goberno local durante a crise do Covid “tomando decisións de enorme calado cunha importante cantidade de fondos para ter unha recuperación xusta” para a cidadanía.

Ademais, Gonzalo Caballero asegurou que un goberno progresista á fronte da Xunta “cumprirá” con esta vila, atendendo “todo o que o PP de Feijóo non fai” para “dar progreso ao Carballiño”.

En paralelo, o líder dos socialistas galegos indicou que está percorrendo Galicia para reivindicar a importancia dun goberno progresista na comunidade, en liña cos gobernos locais que teñen máis da metade dos galegos e co goberno de España. “Tamén queremos na Xunta un goberno que traballe para que ninguén quede atrás”, destacou.

Ademais incidía na importancia de traballar por unha reconstrución que se aposte polos servizos públicos e pola creación de emprego.

Pola súa banda, o alcalde, Francisco Fumega, augurou que Gonzalo Caballero “será o vindeiro presidente da Xunta e asegurou que sería o mellor para O Carballiño” por tratarse dunha “persoa preparada” e “en sintonía” coas políticas locais progresistas.

 

Artigos relacionados

Back to top button