CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Cabezudos sobre rodas no Barco, con Fantoches Baj

Con mirada de cíclopes, formas que lembran a un zapato e sobre rodas. “Velocíclopes”, o espectáculo de rúa de Fantoches Baj, enchía de teatro, humor e imaxinación o Paseo do Malecón do Barco na tarde do 15 de setembro, na derradeira xornada das Festas do Cristo 2014.

A través de varias esceas e botando man da técnica do clown e mesmo de toques circenses, esta actuación atrapaba ao público infantil, pero tamén ao adulto, con xiros sorprendentes e cun ritmo moi áxil. Esta representación forma parte do programa “Cultura no Camiño”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button