O viaduto do Castro na A-6 (entre Galicia e León), que se encontra no concello leonés de Vega de Valcarce, no límite entre as provincias de León e Lugo, vén sufrir esta tarde un novo derrube despois do que se producía o pasado 7 de xuño e que afectaba a un tramo duns 50 metros.
Confirmábao á prensa a Subdelegación de Goberno en León, se ben matizaba que polo de agora non se teñan avaliado os danos.
O novo derrubo afectaba a unha zona que xa estaba cortada ao tráfico dende a anterior caída.