A intensidade da borrasca Fabien deixaba tamén diversas incidencias no municipio de San Xoán de Río. Producíanse caídas de árbores debido ao vento, como a que pode verse nestas imaxes, no Campo. Na súa caída a árbore tiraba parte do muro dunha casa.
Tamén se producían cortes de luz, o máis grave o que levan sufrindo os veciños de San Xurxo dende o sábado ás 18h. “Son xa máis de 48 horas sen luz, nunha zona que leva nos últimos meses varios cortes seguidos de luz. Agora están traballando dende a empresa eléctrica para solucionar a avaría”, explica o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.
Fotos cedidas.