DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Calabagueiros (O Barco) acolle un partido histórico de fútbol sala

O Tres Cuñados FS queda eliminado da Copa Galicia ao perder en cuartos de final contra o Santiago Futsal

O partido de cuartos de final da Copa Xunta de Galicia disputado no pavillón barquense de Calabagueiros prometía espectáculo, e non defraudou ao numeroso público que enchía as bancadas. Malia a diferencia de nivel en ambos equipos, os valdeorreses (segunda nacional B) aseguraron que ían xogar e poñerlle as cousas difíciles ao rival no partido celebrado na tarde do 10 de febreiro, e así o fixeron. Polo menos durante boa parte da primeira metade. Ata o minuto once non lograba o Santiago Futsal (primeira división) adiantarse no marcador, pero a partires de aí, tres goles consecutivos dávanlle a vantaxe.

Dilín marcaba pouco despois do terceiro visitante facendo vibrar o pavillón, pero sería o últimos dos locais. Trala primeira parte co 1-4, a segunda foi totalmente santiguesa quedando o conxunto local cun xogador menos trala expulsión por dobre amarela do porteiro.

Ao final 1-7 e a praza en semifinais da Copa para o Santiago Futsal, nun partido histórico no que ámbolos dous equipos se fotografaron cos nenos das escolas de fútbol sala que coordina o club barquense, e que fixo do Barco de Valdeorras o centro do mellor fútbol sala galego na xornada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button