DeportesFútbolOurense CFÚltima horaVídeos

Calabagueiros (O Barco) abre a tempada cun duelo de Primeira Federación

SD Ponferradina e Ourense CF empataban a uns

 

O equipo sénior do Centro de Deportes Barco comezaba a pretempada o 1 de agosto coa presentación do equipo en Calabagueiros e terá o primeiro amigable este xoves día 8 contra o Xuvenil da Ponferradina, pero uns días antes, disputábase no campo municipal o primeiro partido da tempada entre dous equipos de fóra.

 

 

Na tarde do sábado 3 de agosto, o campo de fútbol do Barco acollía o duelo entre dous equipos de 1ª Federación que se verán as caras na liga: a SD Ponferradina que adestra Javi Rey (ex míster e amigo do CD Barco) e o Ourense CF de Rubén Domínguez.

 

 

Dous equipos que mediron forzas nunha calurosa tarde de verán sen poder pasar do empate a uns. Para a Deportiva era xa o cuarto amigable estival sendo Cortés o autor do gol berciano. No caso dos da Ponte, debutaba Ángel Sánchez.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button