OurenseÚltima hora

Cambios na circulación e accesos ao CHUO debido ás obras

Teñen como obxectivo mellorar o acceso aos edificios

Cambios.

 

O inicio das obras de mellora das vías interiores do Hospital Universitario de Ourense (CHUO), levará consigo o corte do acceso rodado e peonil á entrada principal do Edificio Cristal, dende a rúa Ramón Puga ata o Cruceiro Quebrado. Este cambio levarase a cabo dende mañá, xoves 28 de agosto, e durará aproximadamente quince días.

As obras contan cun ivestimento de 47 000 euros, por parte da Xunta, e teñen como obxectivo a mellora do acceso de vehículos e peóns aos edificios Cristal, Nai e Materno “por medio da reparación do firme, ampliación e construcción de novas beirarúas, e de estacionamento de persoas de mobilidade reducida nestas áreas hospitalarias”.

 

Entrada ao novo edificio. Foto: Carlos Asensio (arquivo).

 

Así, o acceso en turismo dos usuarios de Atención Temperá será pola rúa traseira ao Materno, onde se habilitará unha zona de estacionamento.

Dende o organismo afirman que “os cambios no sentido de tráfico estarán debidamente sinalizados e non afectarán aos accesos a urxencias nin de ambulancias. Precisamente, para facilitar tanto a realización dos traballos como a normalidade dos accesos de vehículos sanitarios, a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense solicita a colaboración e comprensión de tódolos usuarios”.

 

Artigos relacionados

Back to top button