Con case 80 participantes de 13 clubs galegos (entre eles o Águilas Verdes e o estase a desenvolver no oriente ourensán o XXVII Campamento Galego de Descenso de Canóns. A primeira xornada, na que os canóns do Navea e do Candís eran os principais centros da actividade, concluía “cun gran éxito”, en palabras dos organizadores o GEM Águilas Verdes de Rubiá, en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía.
Esta primeira xornada concluía cunha cea dos participantes na adega D`Berna en Córgomo (Vilamartín). A actividade continuará na mañá do domingo. Nela participan barranquistas e espeleólogos do Águilas Verdes, do GREIM Trives, de Espeleoloxía EC/DC, Montañeros Celtas, G.E. Lugo, CEM Troglobios, Espeleoclube Rei Cintolo, CD Luz Verde de Arteixo, GES Irmandiños, Espeleoclub Madruga, GES-Club Alpino Manzaneda, CEM Taranis e Espeleo Club Aradelas.
Fotos: Carlos G. Hervella agás as tres primeiras, que son do GEM Águilas Verdes.
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.