ConcellosÚltima hora

Campaña de microdoazóns de ANARAL en Terra de Trives

O obxectivo das asociacións de mulleres é recadar fondos para os proxectos contra a violencia de xénero
Logo da campaña de ANARAL.
Logo da campaña de ANARAL.

A mediados de decembro, a Federación de Asociacións de Mulleres ANARAL poñía en marcha unha campaña de microdoazóns co obxectivo de recadar fondos para os seus proxectos e actividades contra a violencia de xénero.

A Federación está formada por tres asociacións de mulleres: ANEL (San Xoán de Río), ARANDEIRA (A Pobra de Trives) e ALGUEIRADA (Manzaneda). Dende elas, trabállase contra a violencia de xénero e a prol dos dereitos das mulleres a través da sensibilización, a prevención e a atención integral “nun medio rural caracterizado polos escasos recursos próximos (policiais, asistenciais, xudiciais…), o illamento, a despoboación e o envellecemento poboacional” explican dende o colectivo.

A ANARAL preocúpalle especialmente a dobre invisibilización que sofren as mulleres maiores vitimas de violencia de xénero, e dada a situación actual decidían optar polas microdoazóns para poder axudar ás mulleres coas que traballan.

Para colaborar hai que entrar en https://www.teaming.net/federaciondemujeresanaral e unirse ao grupo de ANARAL e cada mes doarase un euro.”Individualmente non supón nada, pero colectivamente fai que poidamos axudar a moitas mulleres” aseguran.

Artigos relacionados

Back to top button