ConcellosÚltima hora

Campaña de recollida de alimentos no concello de O Bolo “Por un Nadal feliz para todos”

 

Aproxímase o Nadal e nestas datas, este ano máis que cunca, faise imprescindible a colaboración de toda a sociedade para que ninguén pase fame. Cada municipio pon o seu gran de area e no caso de O Bolo, o Concello e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil colaboran na difusión, recollida e traslado da “Campaña de Recollida de Alimentos”, unha iniciativa do Banco de Alimentos xunto co Servizo de Emerxencias de Ourense.

Así, os puntos de recollida de alimentos non perecedeiros na localidade bolesa son: CEIP O Bolo, Supermercado Aliprox O Bolo, Cárnicas Bolesas Álvarez, Farmacia do Bolo Vicente J. Álvarez e Concello do Bolo. Para amosar a súa colaboración, os responsables de cada punto pousan co cartel que indica onde deixar as donacións.

 

Punto de recollida de alimentos no Concello de O Bolo.
Fotos: Concello de O Bolo

Artigos relacionados

Back to top button