
Co obxectivo de incentivar as compras no mes de marzo, dende o Centro Comercial Aberto O Barco, decidían preparar unha sinxela pero contundente campaña para celebrar o “Día do Pai”, 19 de marzo. Ese día, xoves pola tarde, instalarase na praza do Concello do Barco de Valdeorras, a carpa do CCA con música ambiental, na que entre as 16 e as 20:30h. se contará coa presenza dun caricaturista que fará retratos a carbón.
Para participar e conseguir unha caricatura orixinal, unicamente será necesario presentar un ticket de compra cun importe igual ou superior a 20 euros dos establecementos asociados, datados entre o 9 e o 19 de marzo.
Baixo o lema “Papá ti es o máis grande”, a idea coa que xurde esta campaña é que os fillos agasallen aos seus proxenitores cunha caricatura, unha bonita e orixinal forma de amosarlles o seu cariño, e ao mesmo tempo, promover as compras nos comercios barquenses.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.