SanidadeÚltima hora

Campaña polo Día Mundial da Investigación en Cancro, no Centro de Saúde da Rúa

 

Co obxectivo de “continuar traballando para conseguir a equidade en investigación e así, conseguir que tumores con supervivencia menor ao 30% e os pouco frecuentes teñan unha investigación ao 100%” e no marco da campaña polo Día Mundial da Investigación en Cancro, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense está a desenvolver nestes días unha serie de accións para poñer o foco, de xeito especial, “nos tumores con baixa supervivencia e nos cancros pouco frecuentes, visibilizando así, a realidade á que se enfrontan pacientes e familiares”.

Unha desas accións é a instalación de mesas informativas da campaña en diferentes puntos da provincia atendidas por voluntarias. Onte situábase na estaba na entrada principal do Hospital Público de Valdeorras e na xornada deste venres 23 de setembro facíao no Centro de Saúde da Rúa.

A cada persoa que se acercaba a pedir información e facer un donativo, entregábanlle unha flor elaborada con fieltro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button