Dende o Concello de Parada de Sil vén de informarse de que, “debido a causas alleas á organización”, cancélase a representación “Od(i)osa”, que estaba prevista para o 13 de xullo no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.
“Vémonos obrigados a cancelalo e adialo ata una data en agosto que proximanente será anunciada”, indican dende Turismo de Parada de Sil.
