Con grandes doses de humor continúan as X Xornadas de Teatro da Rúa, organizadas pola Asociación de Teatro A Ruada, nesta ocasión da man do grupo Candea de Viana do Bolo coa súa obra Axencia Matrimonial A Media Laranxa.
Na procura da súa parella ideal, unha serie de peculiares personaxes pasan polo despacho de Celestina, a propietaria da axencia matrimonial, que, axudada pola súa secretaria Leopolda, intenta facer realidade os soños dos seus clientes. Xente maior como Anselmo, Federico, Lisarda,… cada quen máis estrafalario e cuns intereses e gustos moi peculiares. É o argumento da obra de teatro que na tarde do 10 de novembro o grupo formado por Mariflor, Marisol, Félix, Mª Jesús e Celia facía rir ao público no Centro Cultural Avenida.
E trala función, os anfitrións (A Ruada) e os convidados (Candea) compartiron unha cea no restaurante A Lareira.
Fotos: Mónica G. Bellver excepto as tres últimas que son cedidas.