En portadaÚltima horaVídeos

Cándido Gómez e José Antonio Rodríguez póñense á fronte do CD Barco

Son os técnicos que substitúen a Edu Rodríguez, cesado o luns

 

Dous días despois de dar a coñecer o cese de Edu Rodríguez como adestrador do CD Barco, o presidente do club valdeorrés presentaba aos seus substitutos, no Campiño de Viloira.

Dende a tarde deste mércores 1 de marzo, será o equipo ourensán formado por Cándido Gómez e José Antonio Rodríguez o encargado de intentar reflotar ao primeiro equipo do Centro de Deportes Barco, en situación de perigo en Terceira RFEF con 25 puntos, a un do descenso directo.

 

 

Cándido Gómez ten unha longa traxectoria no fútbol ourensán, vinculado ao Pabellón Club de Fútbol, ao ACD Polígono, ao CD Ourense ou ao Ponte Ourense. José Antonio Rodríguez pola súa banda vén de dirixir ao Alondras CF. O seu primeiro reto será o partido en casa do vindeiro domingo 5 de marzo ante o Atlético Arteixo.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button