CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O cantante valdeorrés Miguel Arias actuará na V Gala Contra o Cancro de Ourense

A cerimonia benéfica, presentada por Rubén Riós e Xacobe Bruña, celebrarase o 2 de decembro no Auditorio Municipal
Miguel Arias no concerto que deu en abril no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

Despois de catro meses en EE.UU. o cantante de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) Miguel Arias, regresa aos escenarios galegos. E faino por un fin solidario, formando parte do cartel da 5ª Gala Contra o Cancro que se celebrará o 2 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense.

Tal como el mesmo explica, a estancia no estranxeiro aportoulle moitas experiencias positivas para continuar o seu camiño, sen presas, polo mundo da música, centrándose na creación de temas propios, novos directos,… “A miña idea é facer cousas novas, dar un paso máis do que tiven feito ata agora”, di, asegurando que malia pillalo un pouco de imprevisto, apetecíalle partipar na gala, por todo o que implica. “Por desgraza afecta a moitísima xente e paréceme unha boa forma de aportar o meu gran de area”.

Malia estar estudando en Madrid, Miguel Arias está xa preparando a súa actuación na gala que estará presentada por Rubén Riós e Xacobe Bruña, na que compartirá escenario con outros artistas como Sonoro Maxín, Xestreu, o Mago Marco ou a escola de danza Nati Fleta-Coppelia, entre outros.

As entradas para asistir á cerimonia benéfica que comezará ás 20:30h. custan 5 euros, venda anticipada, e 8 euros na billeteira. Tamén haberá Fila Cero e a recadación será para a Asociación Española Contra o Cancro.

 

Cartel da gala.

Artigos relacionados

Back to top button