CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Cantos de Reis no II concerto solidario de Nadal celebrado na Rúa

Os fondos recadados na actuación de Tornaxeira e Abertal foron para a asociación Arela

Tornaxeira na parte dereita do escenario, Abertal (cantareiras, pandereteiras e coro) na parte esquerda, e o gaiteiro Manolo Durán, entre uns e outros. Con esta disposición se celebraba o II concerto solidario de Nadal, na tarde do 3 de xaneiro no Centro Cultural Avenida da Rúa.

O concerto comezaba coa proxección dun video sobre Arela (unha asociación que promove os dereitos dos nenos con dificultades familiares ou sociais, beneficiaria da recadación) e de seguido o grupo folk valdeorrés Tornaxeira comezaba a súa actuación ao son da “Alborada de Severina”. A partires de aí, o grupo poñía a música mentres os membros da Escola de Música Tradicional Abertal (dende os maiores ata os máis pequenos) ían subindo ao escenario para interpretar as súas propias cancións de Nadal e Reis.

O broche poñíano todos os participantes interpretando a un tempo varias pezas que arrancaron os aplausos e vítores dos asistentes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button