Cantos de taberna cos Bertolini, na II Xornada Castañeira nos Anguieiros (Quiroga)
24 de Outubro de 2017
A actividade divulgativa, creativa e festiva en torno á castaña, celebrarase o sábado 28 de outubroCartel da xornada en torno á castaña.
Por segundo ano consecutivo, a Asociación Boca do Monte organiza unha xornada “castañeira” con diferentes actos para “reivindicar a importancia da castaña na contorna de Anguieiros-Montefurado (Quiroga)”.
A actividade celebrarase o vindeiro sábado 28 de outubro e dividirarse en tres partes. A primeira, unha sesión divulgartiva de 11 a 13 horas, incluirá unha visita guiada pollos Anguieiros para coñecer “caniceiras” nas que antigamente se secaban as castañas. No transcurso do circuíto, representantes da Cooperativa Amarelante (Manzaneda) darán unha charla sobre o potencial da castaña, contando a súa propia experiencia. Ademais haberá un intercambio de vivencias sobre a pisa entre os veciños e membros da Asociación Fonte do Milagro (Froxán).
A media tarde, entre as cinco e media e as sete, quen o desexe poderá participar na elaboración de cabazas de Samaín, unha actividade para toda a familia, e a continuación terá lugar o magosto popular con castañas asadas, viño e cantos de taberna co grupo Os Bertolini de Manzaneda.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.