En portadaÚltima hora

Carballeda de Valdeorras entrará en máximas restricións a partir do luns

Así o vén de anunciar a Consellería de Sanidade tras a reunión celebrada esta mañá polo subcomité clínico

Panorámica de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

 

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia do Covid-19, vén de acordar a incorporación do concello de Carballeda de Valdeorras á listaxe de concellos con nivel máximo de restricións, xunto cos concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.

Isto implicará que Carballeda de Valdeorras pasará a ter resitricións específicas de mobilidade con peche permitral, pecharán os establecementos de hostalaría e restauración e quedan limitadas as reunións a persoas conviventes, entre outras cuestións.

A grupo de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en oito concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral.

Ademais, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, O Carballiño, Cortegada e Padrenda.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 12 de abril.

Continúan os cribados para a detección precoz de casos

A dirección xeral de Saúde Pública continua a intensificar a realización de cribados poboacionais na procura de identificar novos casos positivos polo virus Sars-Cov-2. Así, entre os días 6 e 19 de abril, convoca para realización de probas diagnósticas a máis de 35.000 galegos.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Programa de vacinación para a fin de semana

Na xornada de onte, a Xunta de Galicia administrou un total de 33.229 dosis de vacinas contra o Covid-19. En concreto, vacinou a 31.882 persoas coa vacina de Pfizer, e a 1.347 coa de AstraZeneca.

No caso da vacina británica, 1.264 doses foron administradas en grandes recintos (Ferrol e Cee) e 83 noutros puntos de vacinación. No caso das vacinación en Ferrol e Coruña-Cee as porcentaxes de adherencia acadaron o 81,6% na cidade departamental, e o 80,4 % en Cee. Así, a porcentaxe global de adherencia á vacina de Astrazeneca na comunidade galega é do 77,43%.

A Xunta continúa a acelerar o ritmo de vacinación en Galicia ao convocar a preto de 52.000 persoas para vacinarse, durante esta fin de semana. Así, nas xornadas do sábado e domingo, administrará a vacina de Pfizer ao redor de 27.000 persoas, xunto con outras 25.000 doses da vacina de AstraZeneca.

Artigos relacionados

Back to top button