CarballedaConcellosÚltima hora

Carballeda de Valdeorras rende culto á Virxe do Carballal

 

Un fermoso manto bordado con delicados fíos dourados e prateados, cubre o seu corpo e tamén ao neno que leva en brazos; colgados sobre o peito, grandes colares de perlas; e sobre a cabeza, unha impoñente coroa dobre.

 

 

É a imaxe de Nosa Señora do Carballal, unha bonita talla datada entre finais do século XIX e principios do XX, custodiada na capela construída en pedra hai máis de dous séculos, nun terreo da Comunidade de Montes de Carballeda, Bascois e Santa Cruz, que esperta cada ano unha gran devoción entre os veciños, non só da localidade de Carballeda de Valdeorras, senón de toda a bisbarra, que acoden ata os cumes da montaña para venerala e tamén para desfrutar das festas organizadas pola comisión a comezos de setembro.

 

 

Así o facían na mañá deste sábado día 9 cando a Virxe era levada a ombros polos fieis na procesión que remataba na eucaristía xa no interior do templo. A charanga Europa que facía a alborada é tamén a encargada de amenizar a sesión vermú. E xa contra a noitiña será a orquestra Dinastía a que faga bailar aos asistentes ao ritmo dos temas máis frescos do verán que toca ao seu fin. 

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button