ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Cáritas do Barco inicia a entrega de xoguetes aos máis pequenos

A campaña de recollida mantense aberta ao longo do ano e fanse dúas entregas aos nenos, unha no Nadal e outra en Reis

Multitude de xoguetes de todo tipo locen colocados nos salóns de Cáritas Interparroquial do Barco á espera de que os máis pequenos vaian, con gran ilusión, a recollelos. Esta imaxe é o resultado dun ano de traballo no que as voluntarias desta entidade recollen os xoguetes doados xenerosamente por nenos e maiores. Despois prepáranos con mimo e arránxanos, se é preciso, para case convertelos nun novo xoguete co que se divertirán outros nenos. Un xesto de solidariedade compartida que se repite cada Nadal a través desta campaña de recollida de xoguetes que promove Cáritas, e na que tamén se reciben doazóns de xoguetes novos.

Hai bonecas, bicicletas, libros, quebracabezas, camións, peluches… Un sinfín de xoguetes que poderán ser recollidos en breve polos máis pequenos, que serán os que os elixan. Cáritas Interparroquial fará dúas entregas, unha delas nas datas previas ao Nadal e a segunda xusto antes de Reis.

Artigos relacionados

Back to top button