A RúaConcellosÚltima hora

Cáritas Diocesana de Astorga convoca círculos de silencio na Rúa, Bembibre e Ponferrada

Será con motivo da VII Xornada Mundial dos Pobres e na vila valdeorresa será o 19 de novembro na praza do Concello

Praza do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Con motivo da VII Xornada Mundial dos Pobres, que se celebrará o 19 de novembro, Cáritas Diocesana de Astorga vén de convocar círculos de silencio en diferentes localidades do seu territorio diocesano, baixo o lema ‘Non apartes o teu rostro do pobre’.

Un círculo de silencio é un acto que se leva a cabo por todo o territorio nacional e consiste nun punto de encontro no espazo público para poñer o foco en situacións de extrema gravidade que viven as persoas. “Trátase dunha manifestación pacífica e silenciosa coa a que reclamamos dignidade e esperamos espertar a conciencia da sociedade para que sexa, de verdade, integradora. Un momento para expresar solidariedade e compromiso con todos os habitantes da nosa contorna”, explican dende Cáritas Diocesana de Astorga.

O acto, moi breve, consistirá na lectura dun manifesto e nuns minutos de silencio. Serán nos seguintes lugares:

A Rúa. 19 de novembro, domingo. 19,30 horas na Praza do Concello

Bembibre. 15 de novembro, mércores. 12 horas na Praza Maior.

Ponferrada.17 de novembro, venres. 19,30 horas en a Praza Fernando Miranda.

Artigos relacionados

Back to top button