DeportesTenisÚltima hora

Carlos García imponse ao tamén rues Diego Blanco na final absoluta do XXIV Torneo de Tenis Festas da Rúa

 

Moi interesante e seguida por numeroso público estivo a final absoluta do XXIV Torneo de Tenis Festas da Rúa disputado na tarde do domingo 4 de agosto nas pistas do Aguillón entre dous tenistas rueses: Carlos García e Diego Blanco con vitoria de Carlos por 6-3/6-4.

 

Diego Blanco e Carlos García na final absoluta.

 

Na categoría iniciación, Gabriel Yáñez derrotaba na final a Pedro Merino por 7-1; e na de veteranos +35, Carlos García facia dobrete ao derrotar na final a Jonatan Merino por 6-0/6-0.

 

Gabriel Yáñez e Pedro Merino na final iniciación.

 

Tal como explican dende a organización do torneo, outro dos tradicionais das festas de verán da Rúa, nesta edición participaban xogadores de Galicia, Castela e León, País Vasco e incluso algún xogador que reside case todo o ano en Francia.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button