Nova fin de semana e nova carreira. Na mañá deste domingo 16 de xuño o atleta valdeorrés Carlos López Gudiña (Andarines Arcos), participaba no V Trail Zapallobos na localidade berciana de Tremor de Arriba (León) que contaba de dúas distancias para os corredores (24, 14km) e unha para os andarines (10,5km).
O corredor de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) participaba na carreira de 14km cun desnivel de 750m que completaba nun tempo de 02:15:02 a un ritmo de 09:04 min/ km.
Fotos cedidas.