Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Carlos López e Carlos Vázquez, tío e sobriño, dos Andarines Arcos, suben ao podio no 8º GPM A Rúa

Carlos Vázquez e Carlos López antes da saída da andaina./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Partían con moitas ganas e enerxía e lograban os mellores resultados. Na mañá do domingo 6 de outubro dous Andarines Arcos-Trevinca facían podio no Gran Premio de Montaña-I Andaina Serra de Cereixido celebrado nos montes da Rúa.

Os veteranos valdeorreses Carlos Lopéz e Carlos Vázquez, tío e sobriño, conseguían o primeiro posto nas súas respectivas categorías, +50 e +60. Carlos López Gudiña facía tamén podio como terceiro clasificado na xeral masculina.

Pretendían facer o mellor tempo posible e finalmente completaban os 25km da andaina longa nun tempo  de 3h58m57s.

Artigos relacionados

Back to top button