Preto de 400 corredores de España e Portugal participaban na xornada do 1 de setembro na IX edición do Castro Trail Extreme celebrado en Barbadás entre os que estaba o atleta veterano Carlos López Gudiña, de Arcos (Vilamartín de Valdeorras).
Os participanes desfrutaron das impresionantes paisaxes de lugares como San Benito, Santa Uxía, Piñor ou Parada, con tres percorridos a escoller: un longo de 24 quilómetros, outro curto e unha andaina de 12 quilómetros. Todos con saída e chegada no parque da Liberdade.
Carlos participaba no trail curto, logrando o terceiro posto na categoría veterano C cun tempo de 01:57:43 / 01:37:39.