CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Carlos Núñez percorrerá a provincia de Ourense coa súa xira “Lugares máxicos”

Foi presentada hoxe polo artista xunto co presidente da Deputación, Manuel Baltar

A provincia de Ourense acollerá a xira “Lugares máxicos” do gaiteiro Carlos Núñez. Foi presentada hoxe, día 22 de xullo, polo artista e o presidente da Deputación, Manuel Baltar. Núñez percorrerá escenarios como o castelo de Monterrei (3 de agosto) e os mosteiros de Santo Estevo (25 de xullo), Oseira (27 de xullo) e Celanova (12 de agosto).

 

Durante a presentación.

 

Carlos Núñez asegurou sentir algo especial nestas actuacións “porque con elas estamos a facer tradición, algo que vemos que está a volver á xuventude de hoxe en día, o tradicional, un aspecto que Galicia, e sinaladamente, Ourense pode liderar en toda España”. O músico afirmou que “o gran tesouro que temos na nosa terra é que mantemos vivas as tradicións e o noso patrimonio histórico” e con elo “dámoslle vida ao rural, levando música a lugares marabillosos”.

Pola súa banda, Manuel Baltar afirmou que esta proposta musical supón “un maridaxe perfecto entre patrimonio histórico e cultura, da man dun dos grandes referentes musicais do noso país e cun prestixio internacional gañado a pulso, como é Carlos Núñez”.

 

Durante a presentación.

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button