DeportesSen categorizarÚltima hora

Carlos Revuelta súmase á selección galega de atletas no Campionato de España de federacións autonómicas

Na lista definitiva de deportivas que acudirán a Granollers tamén figuran os valdeorreses Leticia Gil e Alejo Ares, ademais da atleta do Adas Leticia Fernández

 

O barquense Carlos Revuelta./ Foto cedida.

Presenza valdeorresa na selección galega absoluta que acudirá o vindeiro 14 de xullo a Granollers para disputar o Campionato de España de seleccións autonómicas. Na lista inicial de 48 convocados pola Federación Galega de Atletismo (FGA), feita pública a primeiros de xullo, había tres atletas valdeorreses: Leticia Gil (lonxitude), Alejo Ares (5.000 m) e o marchador José Fernández Nieves. Éste último comunicaba pouco despois á federación a imposibilidade de acudir á cita por motivos laborais. Ademais estaba xa convocada a atleta do Adas Leticia Fernández (800 metros).

Agora, a FGA vén de facer pública unha lista actualizada de convocados á que se suma o lanzador de martelo valdeorrés Carlos Revuelta, co cal elévase a cifra de representantes de Valdeorras.

A federación galega sinala que “con moitas e importantes baixas, desprazarase ata a cidade catalana un equipo en liñas xerais bastante equilibrado no que se conta ademais coa participación de varios dos nosos internacionais que parten a priori cmo favoritos na loita polas primeiras posicións”.

 

Descontento de Eva Arias

Por outra banda, a atleta vilamartinesa Eva Arias vén de amosar publicamente o seu malestar por non ter sido convocada pola federación para esta competición en Granollers xa que, asegura, “teño no meu palmarés e actualmente a mellor marca nos 3000 obstáculos, avantaxando á segunda en 12 segundos”.

Artigos relacionados

Back to top button