Para mañá, sábado 17 de maio están previstas as finais do Torneo de Santa Rita de Pádel que se está celebrando no Pádel Club Valdeorras con 75 parellas inscritas e 156 partidos ao longo desta semana.

Xogadores de Monforte, Valdeorras, Ponferrada, Cacabelos, Ponferrada e Bembibre estiveron e están a loitar por unha praza para a final nas diversas categorías, desde Segunda, Terceira e Cuarta Masculina, Segunda e Terceira Feminina, Segunda e Terceira Mixta, e a novidade dun torneo de pai con fillo/a.
Este torneo, igual que todos os que levan realizado o ano pasado e este dende o club, está encadrado dentro do circuíto Even Pádel, cuxa recompensa é poder ir a gastos pagos a Barcelona a xogar o Máster Final, con “varios xogadores que están a competir por poder obter praza”, din dende Pádel Club Valdeorras que convida á xente a que asista e “goce dos partidos e coñeza o gran e bo ambiente que hai, e ver un alto nivel de pádel”



