EconomíaEconomíaÚltima hora

Cartel de completo nas actividades das X Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

Ao longo da fin de semana celebráronse catas maridadas con estrelas, roteiros enoculturales, paseos en bicicleta polo viñedo e ceas maridadas, entre outras

 

Co cartel de completo nas actividades propostas, remataban as X Xornadas de Portas Abertas organizadas por Turismo de Galicia en colaboración coa Ruta do Viño de Valdeorras, que se celebraban esta fin de semana co viño como escusa perfecta para descubrir os atractivos desta rexión vitivinícola.

O programa arrincaba o venres co acto inaugural no Hotel monumento Pazo do Castro no que Bárbara Martínez Blanco, consultora especializada en restauración e hostalería era nomeada embaixadora dos viños de Valdeorras. Joaquín Sánchez, presidente da Ruta do viño de Valdeorras, lembrou os dous puntos de información turística que se abriron recentemente na comarca, a sinalización da ruta, así como o convenio asinado recentemente co Clúster da Pizarra para impulsar o turismo industrial lanzando un chamamento “a quen corresponda” para a creación dun Consorcio de Turismo. O acto finalizaba coa presentación do novo vídeo promocional da Ruta do Viño de Valdeorras e de seguido tiña lugar unha nova actividade de observación astronómica a cargo de Ricardo Lago, guía starlight e Ana Rodríguez, guía de enoturismo, con degustación de 3 viños de variedades autóctonas de Valdeorras que serviron como fío condutor para facer un percorrido pola historia da vitivinicultura da comarca desde a época romana ata a actualidade.

 

Visita guiada á Adega Joaquín Rebolledo, na Rúa.

 

O sábado día 9 o programa continuaba con diferentes actividades propostas non só polo roteiro senón tamén polos asociados: paseos enoculturais, catas e tamén “Buses do Viño” procedentes de Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e  Ponferrada que percorreron as adegas e covas da zona. Tamén se celebraba na praza Maior do Barco de Valdeorras unha feira de artesanía e produtos locais así como un túnel do viño e unha cata de viños e conservas dirixida pola sumiller Mercedes González. Esa mesma noite, no hotel monumento Pazo do Castro celebrábase unha cea maridaxe a cargo da adega Virxe de Galir.

Dentro das actividades propostas para o último día destas X xornadas, os asistentes puideron gozar dun paseo polo Ccamiño de Inverno ao seu paso pola Rúa Vella e unha cata co viño como aperitivo dirixida por Mercedes González onde os asistentes gozaron duns aperitivos maridados con viños brancos, tintos e espumosos e descubriron a versatilidade do viño de Valdeorras para adaptarse ao momento do aperitivo.

Fotos: Ruta do Viño de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button