Un novo incendio forestal declarábase esta tarde nesta zona barquense
As chamas volven verse neste verán no Serro, a escasos quilómetros da vila do Barco. Pasadas as cinco da tarde do 7 de setembro producíase un novo incendio nesta zona, cunhas impresionantes chamas que se achegaban de maneira perigosa ás casas do lugar. A rápida actuación dos veciños fixo que, pese a celeridade coa que se propagaba o lume, non se visen afectadas as edificacións.
Ata O Serro desprazábanse os efectivos do GES Valdeorras e do Parque de Bombeiros comarcal. Tamén acudía ao lugar a Garda Civil. No intre de escribir estas liñas o lume xa pasaba para a zona da Barxa.
Fotos: Carlos G. Hervella.