ConcellosO BoloÚltima hora

Case 200 persoas súmanse á V Andaina Nocturna “Ruta entre papoulas e rebolos” no Bolo

Ademais esta proba convertíase nesta edición na I Andaina "O Bolo pola igualdade"

 

Cunha notable participación desenvolvíase a V Andaina Nocturna “Ruta entre papoulas e rebolos”-O Andaina “O Bolo pola Igualdade”, que se celebraba na tardiña e noite do 17 de agosto. Unhas 190 persoas sumábanse a esta iniciativa, cuxo punto de partida era a praza situada diante do pavillón do Bolo ás 20h.

 

 

O percorrido, duns 8 km, era circular e, tras saír do Bolo, continuaba cara a Barreira, tomando despois o camiño da antiga granxa para subir ata Fornelos, onde se proseguía ata a Capela de Os Navallos.

 

 

Nese punto facíase unha parada técnica repoñer forzas e descansar para logo subir cara O Viduedo e aos Hortos, para logo regresar á vila do Bolo arredor das 23h. A andaina, que contaba coa colaboración da agrupación de voluntarios de Protección do Bolo, finalizaba cunha chocolatada.

Entre os participantes nesta andaina estaba o atleta veterano barquense Francisco Bao (Club Adas Cupa) que nesta cita sumaba a súa proba número 725.

Fotos: Cedidas e Protección Civil do Bolo.

 

Back to top button