DeportesKárateÚltima hora

Case 40 cativos valdeorreses participarán mañá na I xornada da Liga Galega de Karate

Karatekas valdeorreses nunha competición anterior./ Foto cedida.

 

Trala frustrada participación na penúltima fase da Liga Nacional celebrada en Ávila, na que moitos dos  karatekas valdeorreses que asistían non podían competir por indisposición e outros facíano mermados polo malestar, os cativos do Barco e A Rúa teñen mañá unha importante cita a nivel galego.

O pavillón Municipal de Esteiro, en Ferrol (A Coruña) acolle este 12 de novembro a primeira xornada da Liga Galega de Karate, aá que asistirán case 40 karatecas do Karate Club River Stone do Barco e do Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK, club recentemente fundado na Rúa que levará a 16 pequenos.

 

 

A competición será en sesión de mañá a partir das 10 horas e de tarde a partir das 16 horas para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Xuvenil e Cadete, estruturado en dous niveis: iniciación e avanzado. Na categoría Prebenxamín mixto non se levará a cabo esta división por niveis.

Na Liga Nacional, dada a indisposición dos cativos dos once valdeorreses que participaban só Manuel Blanco conseguía loitar polo bronce nas finais en categoría benxamín masculino. “Finalmente perdeu o metal pero fixo unha grandísima actuación xa que esta liga son palabras maiores”, din dende o club, adiantando que en Ferrol os nenos do River Stone teñen moitas posibilidades de medalla. No caso do club rues que dirixe Raquel Fernández moitos competirán por primeira vez “e o resto leva só un campionato de vantaxe, polo que están dando os primeros pasiños”, di a karateka, esperando a que chegue mañá para ver competir aos seus pequenos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button