Galerías de fotosOurenseÚltima horaVídeos

Case 5.000 corredores converten á cidade de Ourense nunha auténtica festa do atletismo

 

Tralo parón do 2020 e a edición reducida do 2021, a cidade de Ourense volvía converterse neste 2022 nunha auténtica festa do atletismo con máis de 8.000 inscritos nas catro carreiras que conformaron a 45ª edición da Carreira Popular Pedestre do San Martiño “a máis populosa e antiga de Galicia”, en palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

 

 

Ás 11 en punto da mañá deste domingo 20 de novembro, arrancaba na Ponte do Milenio a primeira, a absoluta de 10 quilómetros na que participaban uns 4.700 atletas. Moitos deles profesionais chegados dende diferentes partes de Galicia buscando facer podio ou cando menos mellorar as súas marcas persoais; outros polo espírito de superación; por retos e incluso alguna promesa. Sexa como for todos fixeron un esforzo extra por completar os 10.000 metros reglamentarios polo centro da cidade. E xa tras cruzar a liña de meta, esgotados, chegaba o momento das felicitacións, dos abrazos de emoción e mesmo bágoas por ter logrado o obxectivo. Entre medias, co música ao longo do camiño e o público animando, a mañá pasouse entre o deporte e a festa.

 

 

E mentres ían chegando á meta os participantes na carreira abosluta, saían os escolares que percorreron os 5 quilómetros de rigor. A seguinte carreira era a infantil, de 1.5 km na que os pequenos podían ir acompañados por algún adulto igual que na última carreira, a inclusiva, na que aparte de cativos en carriños participou xente con mobilidade reducida e mesmo algún tipo de discapacidade. Todo un reto que os participantes superaron con creces.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/maria-cedron-adas-cupa-o-barco-sobe-ao-podio-na-san-martino-2022-en-ourense/

 

Artigos relacionados

Back to top button