En portadaÚltima hora

Case 500 persoas participaban das actividades das Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

Participantes no Túnel do Viño, incluído no programa das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Ruta do Viño de Valdeorras fai balance das xornadas de portas abertas celebradas na pasada fin de semana. Un total de 448 persoas gozaron das diferentes actividades programadas dentro desto su programa. “Trátase dunha cifra significativa que evidencia o interese suscitado pola axenda de accións deseñada tanto por nosa propia entidade como polos nosos asociados e as organizacións e empresas colaboradoras”, destaca Joaquín Sánchez, presidente do Ruta do Viño de Valdeorras.

Do total de visitantes, aproximadamente un terzo desprazáronse ata a comarca nos buses que tanto na xornada do sábado como na do domingo partiron de diferentes cidades galegas e tamén da veciña provincia de León. Así, un total de 144 persoas chegaron a Valdeorras nos denominados “buses do viño”. O resto de visitantes desprazáronse por libre para participar na decena de actividades programadas pola organización das xornadas e os seus asociados, moitas das cales completaron o seu aforo.

Xunto a isto, no acto de inauguración celebrado no Hotel Pazo de Castro participaron 30 persoas e un total de 29 pernoitaron na comarca.

Artigos relacionados

Back to top button