ConcellosÚltima hora

Case 850.000 euros no GDR Sil-Bibei-Navea para iniciar proxectos no Leader 2023/24 de Galicia

 

No Diario Oficial de Galicia de onte publicábase a convocatoria dos fondos para ós Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) de Galicia para a presentación de novos proxectos, sendo o prazo de presentación dos mesmos todo o mes de xaneiro de 2023.

“O equipo técnico do GDR Sil-Bibei-Navea ponse ao dispor das persoas emprendedoras para facer como vén sendo habitual un acompañamento dende o inicio da idea ata o remate da execución da mesma”, sinala o seu presidente, Paco Magide.

Novamente, a convocatoria é bianual e os fondos dispoñibles para proxectos no GDR Sil-Bibei-Navea son de 842.790,80 euros, “sendo este grupo o segundo de Galicia que máis fondos percibe e o primeiro de Ourense”, tal e como se destaca dende a entidade.

O ámbito de actuación deste GDR correspóndense cos concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

O presidente do GDR Sil-Bibei-Navea anima a todas as persoas interesadas a contactar dende o 2 de xaneiro con esta entidade para coñecer todas as posibilidades de proxectos subvencionables.

Artigos relacionados

Back to top button