DeportesÚltima hora

Case media ducia de xuíces valdeorreses de atletismo examinaranse para subir ao Nivel I

Imaxe dun exame de xuíz de atletismo realizado este ano./ Foto: A.R.

 

O Comité Galego de Xuices realizará este sábado 26 de novembro un exame de ascenso á categoría de Xuíz Nivel I. A proba terá lugar ás 17:00 horas na sala de xuntas da Federación Galega de Atletismo en A Coruña.

Ao exame están inscritos un total de corenta e tres xuizas e xuíces territoriais cuxo obxectivo pasa por acadar o primeiro eslabón do rango nacional que lles permitiría actuar fora da nosa comunidade en competicións internacionais. Media dos inscritos son valdeorreses.

Na actualidade, segundo explica a Federación Galega de Atletismo, existen as seguintes escalas de xuíces de atletismo:

Rango autonómico

Xuíz Autonómico: Os xuices autonómicos só poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario autonómico que se celebren na súa Comunidade Autónoma.

Rango estatal

Xuíz Nivel I: Os Xuíces Nivel I poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ.

Xuíz Nivel II: Os Xuíces Nivel II poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais, poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en competicións de calendario nacional que se celebren fose do estadio.

Xuíz Nivel III: Os Xuíces Nivel III poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais, poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en todas as competicións de calendario nacional e tamén naquelas de nivel internacional que se celebren en España.

Artigos relacionados

Back to top button