DeportesÚltima hora

Os atletas valdeorreses Aarón Pérez, Sergio Fernández e Simón Novoa, preseleccionados para representar a Galicia no nacional de seleccións autonómicas

Sergio Fernández, do Club Adas, competindo en peso.

 

A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de facer pública a listaxe de 68 atletas preseleccionados para tomar parte no Campionato de España de seleccións autonómicas Sub16 que terán lugar os vindeiros días 7 e 8 de outubro na localidade asturiana de Xixón. Desta relación forman parte tres atletas valdeorreses, todos do Club Adas Cupa: Aarón Pérez no triplo, Sergio Fernández no peso e Simón Novoa en lonxitude.

“Na relación de atletas preseleccionados destaca a presenza de varios dos últimos campións e campioas de España da pasada edición celebrada en la Nucía a finais do mes de xuño”, indica a federación.

A relación definitiva dos 34 integrantes así como a composición das remudas darase a coñecer o vindeiro día 25 de setembro.

 

Aarón Pérez, do Club Adas, nunha competición.

 

Sesións Técnicas

Con vistas a preparar o campionato, o responsable de velocidade da FGA José Carlos Tuñas, convocou a un total de 21 atletas para preparar as remudas tanto do 4×300 como dos 4×100

A xornada técnica levarase a cabo no Estadio Universitario de Atletismo de Santiago o día 16 de setembro en dobre sesión.

 

Artigos relacionados

Back to top button