SanidadeÚltima hora

Case o 80% dos profesionais da sanidade pública da provincia son mulleres

Supoñen os 100% do cadro de persoal de ata 17 centros de saúde do centenar existente e Ourense e son maioria na maioría deles

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Con preto do 80% do seu cadro de persoal composto por mulleres, e presenza maioritaria nos centros de saúde, hospitais e na práctica totalidade de profesions, servizos asistenciais e na dirección, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras celebra hoxe o Día Internacional da Muller e súmase aos obxectivos das Nacións Unidas neste 70 aniversario.

“Este día ten por obxectivo promover a igualdade, o liderado da muller e a eliminación de calquera discriminación, para conseguir a súa plena participación na sociedade nas mesmas condicións que os homes, e anima a fomentar accións que contribúan a mellorar e afianzar estes avances. A presenza da muller no sector saúde é unha conquista social que crece de ano en ano, rompendo barreiras de especialidades e profesións, ata chegar a unha participación maioritaria. Na nosa Área Sanitaria as mulleres representan o 60% das facultativas sanitarias, e teñen presenza en todas as especialidades médicas, incluso algunhas que, hai só uns anon non tiñan presenza feminina, como por exemplo uroloxía ou traumatoloxía”, tal e como asegura o Sergas.

Igualmente son maioría as mulleres especialistas hospitalarias, o 57,5%; as de medicina familiar e comunitaria, o 58,3%; ás de urxencias 58%, as especialistas en formación (MIR) 68%, as pediatras e farmaceúticas de atención primaria, respectivamente o 84% e o 83%, e tamén as que participan na xestión, desde o equipo directivo, onde representan o 70%.

En paralelo, algunhas como a enfermería, que desde a súa orixe se consideraba unha profesión “feminina” ten cada vez maior presenza de homes, cun 86,18% de mulleres, fronte a mais dun 95% de hai uns anos.

Na cara oposta unha das profesions ocupada maioritariamente por homes feminízase progresivamente, sendo mais da metade dos celadores mulleres: o 57%. En Atención Primaria tamén é maioría o Persoal de Servizos Xerais (PSX) onde chegan ao 75%.

Por categorías profesionais a maior porcentaxe de persoal feminino é a de Tecnicos de Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE), practicamente formado integramente por mulleres: o 96,75% con só 34 homes entre mais de mil mulleres.

Só cinco centros de saúde sen mulleres

Pola súa distribución de persoal o hospital con maior presenza feminina é o Público de Verín, onde as mulleres chegan ao 80%, seguido do Universitario de Ourense co 79,7 e do de Valdeorras co 78%.
En Atención Primaria as profesionais supoñen o 100% do cadro de persoal en ata 17 do seu mais dun centenar de centros de saúde, onde traballan un 71% de mulleres, porcentaxe que aumenta nas unidades de apoio: O 100% dos Centros de Orientación Familiar, o 71,4% das Unidades de Pediatría, o 83,3% das de Farmacia, o 77,7% das de Fisioterapia, o 88,2% das de Traballo Social e o 100% das de Obstetricia, sendo tan só menor nas Unidades Saúde Bucodental.

Nos Puntos de Atención Continuada (PAC) a presenza da muller é maioritaria, cun 63,50% de presenza. A distribución de persoal feminino e masculino nos catorce PAC en funcionamento na nosa provincia varía entre o 27% de mulleres do de Castro Caldelas ao 81% do de Ourense, sendo maioría en 10 dos 14 dispositivos.

Fronte a realidade cotía feminina na asistencia á poboación, que repítese nos 64,5% dos centros de saúde da provincia, cobra valor de excepción a composición totalmente masculina do persoal de cinco deles: Castrelo do Val, Cenlle/Barbantes, O Irixo, Petín e A Veiga.

Fora dos números, compre recoñecer e visibilizar a aportación de todas as profesionais, sen as que a atención sanitaria á poboación sería imposible, e celebrar o coraxe e a determinación de moitas que rompendo teitos de cristal, abriron as portas a todas as profesións dentro das ciencias da saúde e nas profesións nos centros sanitarios públicos, servindo de exemplo real ás xeracións máis novas.

Artigos relacionados

Back to top button