Cea, sorteo de agasallos e sesión musical. Son os ingredientes cos que se desenvolvía a Cea Solidaria de Valdeorras en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro celebrada na noite do sábado 26 de abril no Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras).
Unha velada á que asistían unhas 90 persoas, entre as que estaban voluntarios da AECC e os presidentes da asociación en Ourense e Valdeorras, Germán Rodríguez-Sáa e Gloria Pérez que agradecía a asistencia. Trala cea sorteábanse unha gran cantidade de agasallos donados para a ocasión.
O apartado musical corría por conta de Sr. Jingles e Dj Suso.
Fotos: Carlos G. Hervella