Arredor das 11h. deste sábado 11 de xaneiro poñíase en marcha o “Curso de cata de viños singulares de Valdeorras” no Hotel A Calzada de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). Unhas 27 persoas están a asistir a esta formación, cunha duración de seis horas (en horario de mañá e tarde), que está organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras e impartida polo director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira.
“O obxectivo deste curso é coñecer os viños que pola súa cima de produción, o enclave do viñedo ou o seu método de elaboración intentan preservar unas características que os diferenzan lixeiramente do resto”, aseguran dende a Ruta do Viño de Valdeorras.
O programa da mañá, que se encetaba coa intervención do presidente da ruta, Joaquín Sánchez; abordaba cuestións como os microclimas desta zona vitivinícola, os seus solos e o concepto de singular, ademais de incluír unha cata de viños brancos singulares de Valdeorras.
Pola tarde, a partir das 18h., retomarase o curso, que se centrará primeiramente nas variedades de uvas da D.O. Valdeorras. Despois realizarase unha cata de viños tintos singulares.
Entre os asistentes a este curso hai persoas de diferentes puntos da comarca de Valdeorras (O Barco, A Rúa, Rubiá), así como de fóra, de zonas como Lugo, A Coruña, Vigo ou Monforte de Lemos.
Fotos: Carlos G. Hervella.