ConcellosQuirogaÚltima hora

Castañas asadas e viño novo no magosto de Quiroga

 

Son moitas as localidades galegas que hoxe, venres 11 de novembro, celebraron a festividade de San Martiño. No caso da localidade lucense de Quiroga, os actos comezaban xa pola mañá cos actos relixiosos.  E xa pola tarde na praza Maior, cuberta parcialmente por unha carpa, houbo xogos infantís e o tradicional magosto popular, con centos de quilos de castañas e viño novo, ademais de baile amenizado polo dúo Eclipse.

Coma sempre foron moitos os veciños que se achegaron ata o lugar, para pasar un bo rato e de paso degustar as suculentas castañas recén asadas. Entre eles non faltaron membros da corporación municipal co alcalde Julio Álvarez á cabeza.

 

Artigos relacionados

Back to top button