ConcellosManzanedaÚltima hora

Castañas, chourizos e panceta, no magosto do Bar Nevada, en Manzaneda

Será o sábado 12 de novembro a partir das seis da tarde

 

Castañas asadas./ Foto: A.R.

 

Non só os concellos e asociacións veciñais organizan os magostos. Tamén os establecementos hostaleiros teñen as súas propias propostas e no caso do Bar Nevada, en Manzaneda, teñen programada o súa particular celebración para o vindeiro sábado 12 de novembro.

Será a partir das seis da tarde e ademais de castañas asadas o menú inclúe chourizo e panceta, contando co acompañamento musical do trio Los Banda-Los.

 

Artigos relacionados

Back to top button