CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Castañas, chourizos e xogos, na Festa do Magosto do CEIP Julio Gurriarán

Os alumnos do centro barquense desfrutaron dunha divertida e soleada mañá de novembro

En plena tempada de magostos, o CEIP Julio Gurriarán celebrou o seu por todo o alto, cunha gran festa chea de actividades que tiña lugar na mañá do 10 de novembro (véspera de San Martiño), para desfrute de todos os cativos.

Carreiras de sacos, o baile da castaña por parellas, o pano, culler e castaña, carreiras de obstáculos e mini-carrilanas, son algúns dos xogos populares e deportivos relacionados co magosto e a castaña, nos que os cativos participaron ao longo da soleada mañá.

E despois dos xogos tiña lugar o baile popular con todos os alumnos e mestres e, por suposto, o tradicional magosto. Nunha espectacular grella de gran tamaño, o conserxe Ervigio asou as castañas para todos e tamén os chourizos que foron aportados pola ANPA Aturuxo que este ano sumouse á festa coa súa colaboración e patrocinio.

E entre xogo e xogo, entre castañas e chourizos, os cativos desfrutaron da mañá, sen deixar de lado a tradición de mancharse as mans e a cara cos tizóns.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button