CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

“O castiñeiro do Apalpador” de Fantoches Baj, chega mañá a Viana do Bolo

A actividade, enmarcada no programa “Nadal en Rede” será ás cinco da tarde na Casa da Cultura
O Apalpador de Fantoches Baj.

Os Bolechas, Fantoches Baj, Senén Vaamonde e A Roda, Uxía e Sérgio Tannus e María do Ceo pecharán esta semana a sexta edición do programa de dinamización lingüística “Nadal en Rede”. Desde hoxe, martes, e ata o vindeiro domingo haberá actividades en 13 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Cambados, Gondomar, Ames, Neda, Fene, Viana do Bolo, Muros, Abegondo, Muxía, Viveiro, O Carballiño, Sarria e Ribeira.

“O castiñeiro do Apalpador” de Fantoches Baj visitará mañá, 3 de decembro, as terras do Bolo onde pechará o seu pase polo “Nadal en Rede” cunha cita na Casa da Cultura de Viana do Bolo ás 17 horas. As familias que se acheguen a esta función poderán desfrutar dun espectáculo de monicreques que recupera a historia dunha das figuras máis populares do Nadal galego. Ademais de non faltar as castañas, a xente máis pequena da casa poderá aproveitar para retratarse co entrañable carboeiro.

A recta final do programa de dinamización de Nadal vai ser especialmente intensa para os personaxes infantís máis célebres de Galicia. Os Bolechas levarán o seu espectáculo teatral “Un conto de Nadal” a cinco concellos. Ao Carballiño chegarán o sábado 6 de xaneiro (Día de Reis) co espectáctulo previsto para as 18:30h. no Auditorio Municipal.

Artigos relacionados

Back to top button