ConcellosÚltima hora

Castro Caldelas celebra a súa IV Feira de Gando Vacún

 

O recinto feiral do Toural de Castro Caldelas volvía encherse ao longo da mañá deste sábado 18 de novembro e gando vacún e tamén de numeroso público. Celebrábase a IV Feira de Gando da vila, cunha notable asistencia. “Despois de acadar a apertura permanente do Centro de Desinfección e da feira, para que poidan participar gandeiros e tratantes de toda España, este ano acordamos en consenso cos gandeiros da comarca a celebración dunha feira cada trimestre e a celebración da Feira Concurso-Exposición de Gando Vacún”, en palabras da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

 

Deste xeito a de hoxe será a derradeira feira de gando deste 2023. No recinto do Toural tamén se establecía unha zona habilitada para xantar con produtos da zona. O menú tiña un preszo de 17€ e incluía empanada, carne ao caldeiro ou churrasco, sobremesa, bebida e café (había pulpo a parte na pulpeira).

Dende o Concello de Castro Caldelas destácase a importancia do sector gandeiro no municipio, é unha “parte esencial da economía caldelá e a carne que producen de altísima calidade, polo que debemos apoialos nas súas necesidades”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button