En portadaÚltima horaVídeos

Castro Caldelas honra á Virxe dos Remedios

 

O Irrio Peliqueiro e os Cabezudos volvían percorrer as rúas de Castro Caldelas neste 8 de setembro, nun dos días grandes das festas na honra da Virxe dos Remedios nesta vila. A xornada comezaba cun pasarrúas da Banda de Vilanova dos Infantes e dos Trabazos.

Especialmente concorrida resultaba a misa, celebrada ás 12:30h. na igrexa parroquial, que era cantada e tocada pola Banda de Vilanova dos Infantes. Deseguido, comezaba a procesión coas imaxe da Virxe e coas figuras xa citadasa do Irrio e dos Cabezudos.

 

 

 

“O Irrio encarna en sí toda a tradición destas festas, e é o elemento máis característico do folclore de Caldelas. A persoa que o encarna, sempre con identidade oculta por unha barbada máscara de madeira e vestido cun frac, no que resaltan os grandes botóns, vai provisto dunha “pelica” ou vara, coa que persigue e golpea a xente, o cual está entre os seus curiosos dereitos”, tal e como se destaca dende o Concello.

 

 

Vicente Risco decía que a sua orixe era totémica, relacionada coas mascaradas prehistóricas arraigadas na cultura popular, e que o non poder ser destruídas pola Igrexa, as integrou.

O programa festivo desta vila, que se iniciaba xa o 6 de setembro, continuará neste venres con festa e verbena coa orquestra La Ola ADN.

Mañá, haberá novamente misa e procesión coa imaxe da Virxe dos Remedios, cun pasarrúas previo dos Trabazos e verbena coa orquestra Triunfo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button