EconomíaEconomíaÚltima hora

Castro Caldelas recupera a súa feira de gando

 

De “gran éxito” cualifica a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, a celebración da Feira de Gando desta localidade, “a primeira despois de máis de 25 anos sen poder celebrala debido ás condicións sepizolóxicas (brucelose, vacas tolas e lingua azul)”.

Con satisfacción recuperaban os gandeiros esta feira, que reunía moito gando e a numeroso público, así como “importantes transacións económicas cun gran nivel de venda”, indica a rexedora. A animación tamén se notaba nos locais da vila, que se enchían e tamén no recinto do Toural. Non faltaba o pulpo, a carne ao caldeiro e a bica,.

Entre os visitantes da feira estaba o delegado do Goberno en Galicia, acompañando aos gandeiros, que lle trasladaron as súas reivindicacións.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button